Anticipada 7 euros en entradas@salamardigras.com Taquilla 9€

Grupo formado no 2013 . Fixeron xiras por distintos locais galegos cós espectáculos “Cancións de amor e sorna-swing” “Non todo sorna, non todo swing” e “Glamour galego”. Asimesmo actuaron catro veces nas festas de San Froilán de Lugo, gravando para o Concello de Lugo o tema “Un polbo en San Froilán”.
O seu repertorio está composto fundamentalmente por standards de jazz, traducidos ao galego as máis das veces e adaptados á “realidade galega” cun importante toque humorístico, Actualmente veñen de publicar o seu primeiro disco “Un polbo en San Froilán” no que incorporaron ademais de temas claramente jazzísticos outros como a copla “La bien pagá” convertido a swing en “O ben pagao”, o tema soul “Me and Mrs. Jones” convertido en “Eu cun de Friol” e o clásico galego “O sancristán de Coimbra” transformado en “The sexton of Coimbra”.
Paula Cores: voz; Luís Vila: piano; Sergio Abuín: guitarra; José Angel Sánchez: batería; Carlos Doval: baixo