XXV Aniversario Rock Bravú: Rastreros + Banda Xangai
Anticipadas en salamardigras.com El Tren y Cloudprint: 8 euros, Taquilla 10€
 
Tres únicos concertos en Galicia en 2019 para celebrar os 25 anos do Rock Bravú. Dous deles nun dos epicentros do movemento de rock en galego máis poderoso do século XX, Monte Alto.
A sala Mardi Gras temos a honra de acoller duas celebracións. O venres 6 de decembro chegan Os Rastreros dende Chantada coa sua mítica Tractorada, canción que soou moito na cidade, en concreto como sintonía do programa de radio Zapping. E a festa complétase con Banda Xangai que ten ao axitador cultural Xurxo Souto ao frente.
O día 21. sábado, serán Os Diplomáticos os que rematen a festa. Entradas 10/12 nos mesmos puntos de venta.
Aquí tes a mítica canción Tractorada de Os Rastreros:
https://youtu.be/3ZHQEBJY4b4
E a Banda Xangai en Pardiñas:
https://youtu.be/H80kAsbLAGo