Anotade ben a data, porque imos montar un bo fiestorro na Sala Mardi Gras o vindeiro sábado 9 de novembro! Un día especial xa que é a primeira parada nas salas co novo disco e porque non hai mellor xeito de celebrar a xornada de reflexión e ir votar de empatada. Que viva a democracia e o cubalibre!

Entradas anticipadas 10€ (+ gastos online) en salamardigras.com, Sham Rock e aquí:

https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/otras-musicas/sala-mardi-gras/10720–familia-caamagno-presentando-habia-que-intentarlo-coru.html

Taquilla 12€