Sábado 27. 22:30.

Entrada anticipada 6€. Bileteira 8€.

Ciclo DOCE: Carla de Figueredo Band. Tributo a Aretha Franklin en Mardi Gras
Aretha Franklin merecía unha homenaxe en Mardi Gras. Leva con nós moitos anos no baño de chicas con esa frase. E a cantante coruñesa Carla de Figueredo conseguiu convencer a unha banda de estupendos músicos para levalo a cabo.

Noite de emoción para lembrar a música e a voz da que para moitas persoas é a mellor cantante de toda a historia.

Sábado 27 de outubro. Cita en Mardi Gras coa raiña do soul. No vídeo Carla cun clásico do blues.