NON HABERÁ ENTRADAS EN TAQUILLA

Concerto enmarcado dentro da programación do I Congreso sobre a diversidade afectivo-sexual na literatura

Artista nacido en Uviéu, yo soy la maga é o seu primeiro álbum, editado en 2012.

Domina a imaxe igual que domina a música en cada un dos seus concertos. Non oculta o seu cariño cara Galiza, Asturies. Xoga co humor cun respecto sublime.

Cantante, compositor, acordeonista, percusionista… experimenta coa música de tal xeito que é quen de mesturar o tradicional co actual sen que renxa unha nota.

En 2019 saca a luz Manual de cortejo, onde se mesturan ritmos e estilos musicais. Luces e sombras sonoras, paisaxes, persoas… Vivencias feitas música.

O espectáculo é parte da súa música. Cada canción, cada nota non deixa indeferente a quen a escoita. O recitado mestúrase co son como se cada verba fose un latexo e a música o sangue que circula polo corpo de quen escoita.