Sábado 10 novembro / 22:30 Entradas 8 anticipada (Entradium, salamardigras.com Rock Box, Creedence Rock e Sham Rock

Os madrileños Anaut xa son amigos da afección de Mardi Gras. Concertos fantásticos, cheos de grandes cancións que se moven entre o soul o r&b e o rock clásico. A voz de Alberto Anaut sempre é unha marabilla con esa tonalidade negra que o caracteriza.

Chegan con novo disco “Hello There” que están a  presentar por toda España. E ademáis, que non é menos importante, son uns tipos estupendos aos que sempre é un pracer abrazar e charlar tras os concertos.