O noso amigo Tim Vantol volta á Coruña para celebra-lo 10º aniversario da súa carreira musical facendo o que máis lle gusta.

Repasará a súa discografía para todos nós nun ambiente inmellorable como é a sala Mardi Gras.
O concerto terá lugar o martes día 11 de Xuño, a mellor disculpa para coller enerxía no medio da semana para comezar o verán!

Entradas anticipadas dispoñibles en:
www.entradium.com
www.salamardigras.com
e en Katattoomba (C/Cancela nº2 baixo)